O sábado 25 de maio ás 19:00 no Museo Galego do Entroido
Análise sobre a masificación do Entroido
Mesa redonda sobre la masificación en el Entroido galego en el Museo Galego do Entroido
Representantes dos Entroidos de Xinzo de Limia, Viana do Bolo e da parroquia de Salcedo participarán nesta mesa redonda, onde se debaterá sobre os retos e as oportunidades que a masificación presenta para esta festa tradicional tan arraigada na identidade da nosa comunidade.
Nos
últimos dez anos, o Entroido ten experimentado un proceso de dignificación que
propiciou o rexurdimento de rituais e oficiantes, pero tamén trouxo consigo o
fenómeno da masificación, tanto nos Entroidos consolidados como en aqueles
menos coñecidos ou recentemente recuperados.
A
mesa redonda ten como obxectivo poñer enriba da mesa esta problemática e
abordar, desde a realidade de cada Entroido representado, como se chegou a esta
situación. Analizaranse as posibles causas, os aspectos positivos e negativos,
así como as perspectivas de futuro. A masificación pode ser un impulso para a
economía de pequenas zonas rurais que sofren durante o resto do ano, pero tamén
pode afectar negativamente ao desenvolvemento correcto dos rituais nesta época
festiva.
Esta
xornada aspira a ser un debate construtivo, sen intención de sentar cátedra,
sobre a visión que diferentes Entroidos, con realidades e graos de masificación
diversos, teñen sobre esta problemática.
Medios
de comunicación e público en xeral están cordialmente convidados a participar
nesta mesa redonda que promete ser un espazo de reflexión e intercambio de
ideas enriquecedor.