O BNG de Xinzo protesta polo estado dos colexios electorais

Concelleiros do BNG en Xinzo
O BNG de Xinzo protesta polo estado dos colexios electorais

 O equipo de Camilo Vila presentou unha moción para que o Grupo de Goberno asumira a necesidade e acometera os arranxos necesarios na maioría dos colexios electorais do concello. 

Nin o Grupo de Goberno nin o PSOE consideran que sexa un tema importante e non apoiaron a proposta nacionalista na última Comisión Informativa celebrada.


Vila laméntase de que “este Grupo de Goberno prefire que sexa incómodo ir votar e por iso permite que se pechen mesas nos pobos, que moitas mesas non estean climatizadas e que as persoas con mobilidade reducida teñan dificultades”.

Esta moción estaba dirixida á corrección das eivas detectadas de cara ós comicios europeos da primeira semana de xuño.