ProLimia volve organizar outra campaña polo día da NAI

ProLimia volve organizar outra campaña polo día da NAI

Volverán a sortear 10 xamóns de bodega

Como se fixo na campaña anterior do día do pai, a asociación de comerciantes de ProLimia pon en marcha unha nova campaña de compras no comercio local. 

Debido ao éxito da campaña anterior, esta vez, voltarán a sortear entre os compradores, 10 xamóns de bodega da marca COREN.

As papeletas que entrarán no sorteo serán as feitas nos comercios asociados dende o 29 de abril ata o 5 de maio.