Revolución no Centro Social

Xosé Lois Brea Sanmartín -Autor da novela.
Revolución no Centro Social

 A falla de xuventude fai que os maiores do centro social da Filgueira  do concello de Porqueira,  tomen e fagan algunha que outra acción, digamos que, non moi legal.

 Pois disto vai a novela que nos  está a presentar Xosé Lois Brea Sanmartín, un avogado, que según el confesa é un pouco complicado dende o seu nacemento. No DNI pon que naceu nun pobo de Lalín o 14.05.63, pero realmente fíxoo en Lugo 10 días antes.

Despois de ter escrito 2 novelas máis, non publicadas, aínda que as dúas con premios, na pandemia decidiu pórse man a obra e facer unha novela, cuxo desenrolo fose no centro social de A Filgueira.

20240425 113644 2

A historia, contada polo autor, vai dun grupo de persoas, maioritariamente xubiladas,  que non teñen moitos remordementos en canto a buscar cartos para organizar cousas, para que a mocidade veña polo centro. Entón dálles igual que sexa producir droga, vender armas, secuestros ou poxas ilegais. Digamos que é unha situación un tanto irónica dunhas persoas maiores que toman como base ese centro social e teñen alí as súas elucubracións para tratar de conseguir cartos para que a mocidade volva. Como todos poden comprender, todo é unha novela-ficción. Algúns lectores chamáronme para preguntarme, que era eu na novela?, tendo que respostar que toda ela é produto da imaxinación, aínda que algún detalle pequeno en canto a tics pode existir.

Quen vai a sospeitar dun fato de vellos

A primeira das ocorrencias é a de poñerse a traficar con droga. Eles pensan que quen vai a desconfiar dun fato de vellos que estean a facer tal cousa. Como as cousas por algún motivo non saen ven ao final intentan outras cousas, entre elas secuestrar ao presidente da Xunta. Pero todo isto e máis cousas,  solo se pode saber lendo o libro “O centro social”.

Xosé manifesta que el, o que quixo facer foi unha novela divertida e áxil. Persoalmente as novelas lentas que se recrean na descrición  dunha porta durante 3 páxinas, non me gustan.

A xente nova teslle que dar algo áxil, todo é inmediato para eles, acostumados as redes sociais  e se non fose así non valería a pena. Unha novela áxil e  divertida non ten por que ser signo de pouca calidade.

20240430 104913

A presentación estase a preparar para os días de arredor do día das letras galegas e aproveitaremos o propio centro social para facelo, cuestión que farémolo público no momento oportuno.

Rematada a entrevista, acompañados polo noso colaborador Xosé Jardón, este manifesta que a relación do autor coa Limia ven de que a muller de Sanmartín foi 15 anos médica de Porqueira, e el non deixa cada fin de semana de achegarse a tomar “uns chiquitos” a Limia.