Xa comezan os lumes no Xurés

Xa comezan os lumes no Xurés

 ACTIVO UN INCENDIO FORESTAL NO CONCELLO OURENSÁN DE ENTRIMO, PARROQUIA DE A PEREIRA

 A Consellería do Medio dun incendio forestal, activo arestora, que afecta ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, na parroquia de A Pereira, no concello ourensán de Entrimo.

 O lume iniciouse ás 18,30 horas de hoxe e afecta unha superficie estimada de 2,5 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros.

 A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.