Organizado polo concello, a parroquia e oclube E.D.C Xinzo

Xa podes facer o camiñoata Santiago en 7 etapas

Xa podes facer o camiñoata Santiago en 7 etapas

A primeira etapa sería o 1 de maio e a última o 9 de setembro

 A Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, xunto coa Parroquia Santa Mariña e o clube E.D.C Xinzo de Limia organizan O CAMIÑO DENDE XINZO DE LIMIA.

Invitámosvos a formar parte do grupo que percorrerá os últimos 147 km da Vía da Prata, dende o atrio da Igrexa Vella de Xinzo de Limia ata a Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.


O camiño farase en 7 etapas saindo a primeira dende o atrio da igrexa Vella ata Allariz e as seguintes en autobus ata o lugar que se rematara a anterior. O seguintes principios e fins de etapa serán Ourense, Cea, Dozón, Silleda, Outeiro e Santiago. 

O prezo será de 50 € que inclúe os desprazamentos en autobús , un agasallo, un seguro de accidentes e a comida final en Santiago.

A inscripción pse faceqr da foto ou nas oficiñas do pavillón de deportes.