Pleno ordinario do mes de abril

Pleno ordinario do mes de abril

O vénres ás 09:00

Este venres o concello de Xinzo celebrará o pleno ordinario correspondente ao 4º mes do ano a partir das nove da mañá cunha orde do día no que non existen "a priori" ningún punto da orde do día na que poida haber discrepancias entre os edís do grupo de goberno e os da oposición, a non ser nos tocantes ás modificacións de dúas ordenanzas correspondentes a taxa polo uso de infraestruturas de carácter deportivo  e a do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

Na primeira delas, as das deportivas, que inclúen a taxa das piscinas,  si sabemos que nas comisións preparatorias do pleno, non houbo consenso cos membros da oposición. 

No tocante a Rogos e preguntas, ningún partido fixo por escrito ningunha.