Tarde de vitorias do A.B. Xinzo, 3 de 3

Equipo Sénior feminino que gañou de 2 puntos
Tarde de vitorias do A.B. Xinzo, 3 de 3

 Vitoria dos dous equipos Sénior e os Cadetes, que van directos as fases de play off.

 Na tarde do sábado xogáronse dous partidos no pavillón de Xinzo, no que os Sénior masculino acadaron a súa segunda vitoria consecutiva que os mantén no medio da táboa clasificatoria de permanencia.

Os de Toni Ladra enfrontábanse ao Seis do Nadal de Vigo rematando a metade do partido cunha ampla diferencia de 17 puntos,( 47-30) que como nos ten acostumados este equipo, non era moi ampla tendo por diante 2 cuartos, como así foi.

Sénior Masculino


No terceiro cuarto os limiaos so foron capaces de  meter 5 puntos fronte aos de Vigo que acertaron con 11 puntos. (52-41). Transcorridos 5 minutos do 4º cuarto o electrónico marcaba tan solo 2 puntos arriba para os da casa (59-57), cos visitantes que se “viñeron arriba” e parecía que unha vez máis os de Xinzo ían a seguir o camiño de varios partidos anteriores. Tan solo uns segundos despois e con menos de 5 minutos o partido estaba empatado a 59.

Collage 1


De aquí ao final, varias decisións arbitrais erradas en ambos sentidos que provocaron os nervios entre xogadores e adestradores leváronos a ser sancionados con 4 técnicas  dúas en cada dirección e gracias a garra e o empeño dun par de xogadores dos locais lograron que o electrónico caira do lado dos locais, conseguindo un valioso triunfo de cara a permanencia.

Collage2

VITORIA INESPERADA DAS SÉNIOR FEMININO

Rematado o partido anterior saltaron ao campo as chicas do Sénior feminino no único derbi provincial contra as do Depordima. O equipo de Xinzo tiña moitas baixas por lesión, tende que botar man de efectivos dos equipos inferiores, logrando un merecido triunfo ao cabo dos 40 minutos, tan so cunha diferencia de 2 puntos.

 Collage3

OS CADETES A POLO PLAY OFF.

O equipo cadete masculino na mesma tarde, pero en Allariz disputou un partido contra os rivais directos da vila alaricana arrancando un triunfo moi valioso para meterse nos play off de fin de tempada.