O BNG de Xinzo axudou a 50 familias co rexistro dos galiñeiros

O BNG de Xinzo axudou a 50 familias co rexistro dos galiñeiros

 Camilo Vila, Manuel Pozo e o seu equipo teñen asesorado e acompañado e ducias de veciños e veciñas no trámite do rexistro das explotacións avícolas de autoconsumo no último mes. 

 O voceiro municipal do Bng explica que “a falta de información e de mecanismos de axuda por parte do Grupo de Goberno é un desprezo cara a veciñanza así que decidimos facelo nós e demostrar que se quere, pódese”. 

Malia ter posto ó seu equipo ó servizo da xente, Vila cuestiona a medida da obrigatoriedade do rexistro por considerar que “é un ataque ó noso medio de vida, que ten moito de soberanía alimentaria e é parte da nosa maneira de vive”.

A sede do Bng de Xinzo continuará tramitando os rexistros das familias que así o soliciten.